Merca Experiencias de Calidade

DO Ribeiro

Os viños do Ribeiro son viños de paisaxe e territorio, tradicionalmente elaborados por sabias mesturas de variedades autóctonas, cada unha delas achega as súas peculiaridades para obter viños auténticos e xenuínos. Viños de marcados trazos atlánticos, frescos, finos e elegantes, matizados por unha suave influencia do clima mediterráneo. O característico factor de transición climática xunto coas orientacións e pendentes da viña, a utilización e mestura de variedades locais e o tipo de solo, marcan o estilo Ribeiro. Ademais, a diferenciación dos tres vales (Avia, Miño e Arnoia) que compoñen a denominación de orixe converten ao Ribeiro nun mosaico da diversidade.

Medio Natural

A denominación de orixe Ribeiro sitúase no bordo noroccidental da provincia de Ourense e nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia. Unha comarca a 45 km do océano Atlántico, nunha zona moi particular e de excelente aptitude para o cultivo da vide.

Estes vales configuran unha contorna natural formada por ladeiras, bancais e terrazas, excelentes para a produción de viños de calidade. Todo iso favorecido por un microclima moi peculiar, ventilado e con boa exposición para a maduración das variedades autóctonas do Ribeiro.

As características dos solos da zona xunto coas condicións climáticas existentes e os contrastes da súa orografía conforman unha zona cunhas características naturais óptimas para o cultivo do viñedo, obténdose un produto final específico e  adaptado ao medio.

As variedades presentes son principalmente variedades autóctonas, seleccionadas ao longo dos anos polos viticultores da zona. Estas variedades están adaptadas e toleran as condicións  edafoclimáticas existentes, o que orixina unha serie de viños específicos desde o punto de vista  fisicoquímico e sensorial.

Ao longo do tempo os viticultores buscaron os mellores terreos aos que foron sometendo ás correccións necesarias para mellorar a súa fertilidade e sobre os que, en moitas ocasións, tiveron que construír muros para conter o terreo, frecuentemente en ladeiras, configurándose así unha paisaxe singular modelada polo home.

Ademais, na calidade e características específicas do produto é moi importante o traballo dos produtores locais, tanto na condución e na poda das cepas, para un adecuado control do potencial vitivinícola, como na selección da uva, que se vendima manualmente. Todo o anterior, unido a unha elaboración baseada nos métodos tradicionais pero á que se engadiu o uso da moderna tecnoloxía enolóxica, permite que os viños da DO Ribeiro sexan dos máis coñecidos polos consumidores españois, e cada vez máis nos mercados exteriores.


Atópanos

DOP Ribeiro Mapa 1 DOP Ribeiro Mapa 2

Arnoia

Desplegable empresas

ADEGA MANUEL ROJO
ELOI LORENZO
LAGAR DO MERÉNS
LUIS ANXO RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
MAURO ESTÉVEZ
NAIROA
RODRÍGUEZ GÓMEZ, MARÍA TERESA
TEAR DOS DODI

Beade

Desplegable empresas

ADEGA MANUEL FORMIGO
ADEGAS MALEIGA
ARCO DA VELLA. A ADEGA DE ELADIO
ESTEVEZ ABELEDO, JAVIER
MONTERO & REY, S.A.T.
PATEIRO VINOS DE GUARDA
TERRA DO CASTELO

Boborás

Desplegable empresas

PAZO TIZÓN

Castrelo de Miño

Desplegable empresas

ADEGA POUSADOIRO
ADEGAS CELME, S.L.
ADEGAS FRANCISCO FERNÁNDEZ
BODEGAS CUNQUEIRO
BODEGAS GÓMEZ SANMARTÍN, S.L.
BODEGAS PEÑA, S.C.
BODEGAS VAL DE SOUTO
BODEGAS VILLANUEVA
BRIXÓN
CASAR DE VIDE
COTO RIVAS
EDUARDO PEÑA
O ALBOREXAR NO RIBEIRO
RAMÓN DO CASAR
UCEIRA
VIÑA SAN ESTEBAN

Cenlle

Desplegable empresas

ADEGA ALECRÍN
ADEGA O COTARELO
ADEGA VIÑA CARPAZAL
ADEGAS CENLLE
ADEGAS DO REXURDIR
ADEGAS JOAQUÍN VÁZQUEZ
ADEGAS SADURNÍN, S.L.
BODEGA ALANÍS
CUÑAS DAVIA
LOMBRE
PRIORATO DE RAZAMONDE
QUINTA DO AVELINO
SECRETOS DE FAMILIA
VELEIRO

Leiro

Desplegable empresas

ADEGA AS PEGAS
BODEGAS O' VENTOSELA, S.L.
COTO DE GOMARIZ
DOMINIO DO BIBEI, S.L.
EMILIO ROJO
HERDEIROS DE AVELINO LORENZO,S.C.
PAZO DE VIEITE
PAZO LALÓN
PÉ DE PERDIZ
SANCLODIO
TERRAS DO IBEDO
VILERMA
VIÑA DO PENEDO
VIÑA MEIN
XULIA BANDE

O Carballiño

Desplegable empresas

AMEIJEIRAS VAZQUEZ, MARIA TERESA
EDUARDO BRAVO

Ourense

Desplegable empresas

MORENO SOTELO, LÁZARO

Ribadavia

Desplegable empresas

ADEGA DO MOUCHO
ADEGA DONA ELISA
ADEGA SAMEIRÁS
AGÁS DO TEMPO
BODEGAS DOCAMPO
BODEGAS LOEDA
CASAL DE ARMÁN, S.L.
CASTRO REI, S.L.
CÉSAR MANUEL GARCÍA ÁLVAREZ
ELISA COLLARTE
EMILIO DOCAMPO
GRANXA D´OUTEIRO
JAIME LÓPEZ VÁZQUEZ
LADEIRAS DO RIBEIRO
LEIVE ECOADEGA, S.L.
SOTELO BARROSO, MANUEL
VIÑA COSTEIRA

Santa Cruz de Arrabaldo

Desplegable empresas

PAZO CASANOVA

Toén

Desplegable empresas

ADEGA DO CESTEIRO
ADEGA DO DEMO
ADEGA GANDARELA
ADEGAS PAZO DO MAR
BODEGAS GRM
CATRO FERRADOS

Vigo

Desplegable empresas

ADEGAS TERRAE
IRIA OTERO MAZOY

Queres estar á última das experiencias calidade?