E ti de onde
ves sendo
IX Augardente de Herbas de Galicia
CONSELLO REGULADOR
Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña
981 511 566
orujo [at] orujodegalicia.org (orujo[at]orujodegalicia[dot]org)
IX Augardente de Herbas de Galicia
A particular historia da augardente de herbas debe entenderse en relación a dous fenómenos históricos: o posicionamento dos destilados como remedio medicinal e a tendencia xeneralizada das clases populares a imitar os gustos e costumes das xentes acomodadas.
As primeiras noticias sobre este produto apuntan aos establecementos hospitalarios. Os seus inventarios recollen xa no século XVII a proba da fabricación e uso desta bebida no ámbito farmacéutico feita a base de herbas medicinais.
Medio Natural
A área xeográfica delimitada pola indicación xeográfica Augardente de Herbas de Galicia, na que se debe producir a uva e, como subprodutos da vinificación, os bagazos e lías, e na que se debe realizar o destilado e a elaboración, abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A composición volátil das augardentes está directamente relacionada coas condicións de fermentación e de destilación da materia prima, pero sobre todo polos compostos aromáticos propios de cada variedade de uva. A presenza e concentración destes compostos depende tamén da zona de cultivo e das condicións climáticas e edafolóxicas, de maneira que as variedades de uva utilizadas e o territorio onde se cultivan condicionan as características dos destilados obtidos.
As herbas utilizadas na súa elaboración inflúen tamén no seu sabor, aroma e cor.