E ti de onde
ves sendo
IX "Licor de Herbas de Galicia"
CONSELLO REGULADOR
Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña
981 511 566
orujo [at] orujodegalicia.org (orujo[at]orujodegalicia[dot]org)
IX "Licor de Herbas de Galicia"
Galicia, terra de meigas, é o berce dun dos manxares que describen mellor a súa gastronomía, o licor de herbas. Igual que a propia terra galega, este licor garda como ningún a esencia deste territorio por conter as plantas que prosperan nel.
Medio Natural
A área xeográfica delimitada da indicación xeográfica Licor de Herbas de Galicia, na que se debe producir a uva e, como subprodutos da vinificación, os bagazos e lías e na que se debe realizar o seu destilado, así como a elaboración e o envasado, abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A zona de cultivo, as condicións climáticas e edafolóxicas, así como as variedades de uva utilizadas e o territorio onde se cultiva condicionan as características do produto obtido.
As herbas utilizadas na súa elaboración inflúen tamén no seu sabor, aroma e cor.