Merca Experiencias de Calidade

IXP Faba de Lourenzá

A partir do ano 1960 produciuse un gran incremento da produción de fabas na Mariña lucense, sobre todo no termo municipal de Vilanova de Lourenzá, alcanzando unha gran calidade, o que fixo que adquirisen un gran recoñecemento nos mercados e entre os consumidores. Así, na actualidade, as  fabas desa zona son coñecidas no mercado como “Fabas de Lourenzá”.

Na actualidade é de destacar a “Festa da Faba de Lourenzá”, que se celebra a primeira fin de semana de outubro desde no ano 1991 co obxectivo de recuperar o prestixio da  faba da zona. Esta festa foi declarada festa de interese turístico por Resolución do 26 de febreiro de 2001 do Consello da Xunta de Galicia.

Ademais na maioría das guías gastronómicas actuais non faltan alusións ás denominadas Fabas de Lourenzá, onde se recollen unha gran cantidade de receitas con  este tesouro culinario.

Medio Natural

A zona de produción, almacenamento e envasado da faba protexida pola IXP Faba de Lourenzá abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo coñecido como A Mariña lucense.

A área xeográfica que engloba a IXP comprende unha serie de vales encaixados entre montañas, entre eles o de Lourenzá, que discorren dirección norte-sur, con solos ricos, profundos, ben drenados e de texturas medias.

O seu clima está moi influenciado pola súa peculiar orografía e a súa proximidade ao mar, caracterizándose por veráns de temperaturas moi suaves e escasas oscilacións térmicas.

O clima é un factor moi importante na produción da faba, incide na calidade final do produto e proporciónalle características moi definitorias, como a suavidade da pel e un desenvolvemento homoxéneo das sementes.

Debido ás condicións climatolóxicas, ás características dos solos e aos labores culturais tradicionais empregados, ademais das especiais características das variedades cultivadas, o produto obtido ten unha calidade culinaria excepcional. As condicións  edafoclimáticas son moi favorables para o cultivo do feixón, obténdose un gran brillante, de pel fina e  polpa tenra, ao que debe engadirse a súa agradable textura e sabor, que fan que sexan moi valoradas polos consumidores.


Atópanos

Mapa IXP Faba de Lourenzá Zona IXP Faba de Lourenzá

Lourenzá

Desplegable empresas

Díaz Expósito, Roberto
Fabas Alma do Val, SC
Iglesias Recalde, Gema
Marful Gayoso, José Ángel
Seijo Otero, María Carmen
Terras da Mariña, SCG

Ribadeo

Desplegable empresas

Casa Valego, S.C.

Trabada

Desplegable empresas

Coto López, M.ª Dolores

Queres estar á última das experiencias calidade?