IXP Grelos de Galicia
As referencias ao cultivo e consumo do grelo son moi numerosas ao longo dos séculos. Os indicios máis antigos do cultivo das brassicas na nosa terra datan do 3.000 a.C.
Os seus beneficios sobre a saúde e a excelente calidade de grelo de Galicia contribuíron á expansión desta hortaliza fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os grelos son unha verdura moi utilizada e moi coñecida en Galicia pero que é exótica noutros puntos xeográficos.
En Galicia é un produto estrela e para iso conta coa IXP que abarca todo os municipios da Comunidade Autónoma galega.
A indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia nace en outubro de 2009 como organismo responsable de amparar tanto a produción como a comercialización e distribución do produto máis emblemático da nosa comunidade autónoma. Tamén supón un recoñecemento á nosa hortaliza máis tradicional da nosa gastronomía popular, xa sexa ao natural e en conserva.
Os grelos son as follas do nabo, con todo, non o son en calquera momento xa que para poder consideralos como grelos debemos tomar os talos tenros antes da floración.
De sabor moi particular e forte, lixeiramente acedo, con certo amargor. Na indicación xeográfica inclúense as variedades: o grelo globo branco de Lugo, máis amargo e o grelo de Santiago, máis suave e doce.
Medio Natural
A zona de produción dos grelos amparados baixo a indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia abarca todos os municipios da Comunidade Autónoma de Galicia.
O produto amparado baixo a IXP pertence a unha familia botánica que aglutina especies orixinarias de zonas de clima tépedo, polo que a planta adáptase e crece con temperaturas moderadas.
Son resistentes ás xeadas e non presentan susceptibilidade a baixas temperaturas, poden resistir ata os 10º C baixo cero.
A orografía, os solos e o clima son factores que condicionan o uso das variedades; estas adáptanse ás diferenzas presentes en Galicia.