Merca Experiencias de Calidade

IXP Pemento de Mougán

O pemento de Mougán é un ecotipo local cultivado dende tempos moi remotos polos agricultores de Guntín. Como consecuencia da súa limitada produción e da súa escasa difusión ao longo dos anos, o seu cultivo non se estendeu fóra do devandito ámbito xeográfico, aínda que hai testemuños de emigrantes que levaron a planta a outras zonas de España para producir alí os pementos, pero con resultados desalentadores en todos os casos, o que denota a importancia do ecosistema de produción nas calidades do produto.

As prácticas tradicionais dos agricultores locais mantendo e seleccionando as mellores plantas ao tempo que adaptando as técnicas de produción ás condicións do territorio, deron como resultado un produto diferenciado e de gran popularidade. A selección practicada polos agricultores locais así como o seu coidado por evitar hibridacións indesexadas foron factores decisivos á hora de obter un pemento homoxéneo de características ben delimitadas.

Medio Natural

A área de produción e envasado do pemento amparado pola indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán está constituída pola totalidade do municipio de Guntín en Lugo.

Esta zona, historicamente dedicada ao cultivo do Pemento de Mougán, está constituída por un territorio cunhas características homoxéneas dende o punto de vista climático e edafolóxico, que marcan as características do produto. Trátase dunha comarca natural protexida por sistemas montañosos que rodean aos vales de produción que orixinan un microclima diferenciado, o que se combina coa presenza de solos moi axeitados para este cultivo.

O clima húmido, con veráns suaves e escasa amplitude das oscilacións térmicas, representa un elemento fundamental para conseguir as características descritas, especialmente no relativo ao espesor e textura da carne. As técnicas de cultivo e de selección empregadas polos agricultores locais constitúen outro elemento diferenciador nada desprezable.

O nome da denominación, "Mougán", é un nome xeográfico que se corresponde coa parroquia do concello de Guntín dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital. Esta parroquia é lindeira coa de Mosteiro, lugar onde se situaba o cenobio ao que a tradición vincula co inicio da selección e cultivo destes pementos.


Atópanos

Mapa IXP Pemento de Mougán

Guntín

Desplegable empresas

GAYOSO FERNÁNDEZ, JOSÉ
GÓMEZ LÓPEZ, MARÍA MANUELA
José Vega Vigo
LÓPEZ FERNÁNDEZ, JOSÉ LUÍS

Lugo

Desplegable empresas

Javier Veiga Rodríguez

Piúgos de Pena

Desplegable empresas

VEIGA RODRÍGUEZ, JAVIER

Queres estar á última das experiencias calidade?