Merca Experiencias de Calidade

IXP Tarta de Santiago

A elaboración da “Tarta de Santiago” é un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, que foi evolucionando en función do progreso tecnolóxico experimentado nos últimos anos para atender as esixencias do mercado, sen perder a súa propia identidade. As técnicas empregadas na fabricación tenden a obter produtos de máxima calidade, mantendo os caracteres tradicionais das tortas amparadas por esta indicación xeográfica protexida.

Medio Natural

A área de elaboración das tortas amparadas pola IXP Tarta de Santiago abrangue toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

A “Tarta de Santiago” nace nas cociñas acomodadas dos séculos XVI ao XVIII, cando consumir produtos exóticos, como as améndoas e o azucre, significaba ter riqueza e poder; servilos aos hóspedes significaba honralos e, a un tempo, confirmar a súa pertenza ao grupo social privilexiado.

A popularización da peregrinación a Santiago a través das distintas rutas xacobeas, particularmente nos últimos lustros, trouxo á capital e, en xeral, á comunidade autónoma, multitude de visitantes, tanto españois como doutros países, o que serviu para divulgar o coñecemento deste produto típico da repostaría galega fóra das súas fronteiras.

A divulgación universal deste doce é tamén froito do bo facer dos obradoiros galegos en xeral, e composteláns en particular, que souberon conservar as receitas herdadas. Só a coidadosa atención á calidade dos ingredientes e o esmero na elaboración garanten a conservación das virtudes e sabores tradicionais desta sobremesa e fan dela algo apetecible para todo tipo de público.


Atópanos

Mapa IXP Tarta de Santiago

Bergondo

Desplegable empresas

PANIFICADORA MENCER, SL

Boqueixón

Desplegable empresas

TARTAS LESTEDO, SC

Noia

Desplegable empresas

Dubraseda, SL

O Pino

Desplegable empresas

TARTAS LA ABUELA, SL

Ourense

Desplegable empresas

DELICIAS CORUÑA, SL

Santiago de Compostela

Desplegable empresas

DELICATESSEN COMPOSTELA, SL
HORNOS DE LAMASTELLE, SA
SANCOSA, SL

Teo

Desplegable empresas

PASTELERÍA SUEVIA, SL

Queres estar á última das experiencias calidade?