Merca Experiencias de Calidade

IXP Vaca Galega/Boi Galego

Para entender a especificidade do produto no seu conxunto, hai que considerar o factor humano. Os gandeiros galegos coa súa experiencia, o seu saber tradicional e o seu bo facer en todo o relativo a técnicas de cría e engorde, alimentación e manexo do gando, son o elemento definitivo sobre o que se sustenta a produción de carne de calidade de vacas e bois en Galicia. Grazas aos seus coñecementos agropecuarios, transmitidos de xeración en xeración, reservan os mellores pastos e forraxes para o engorde e acabado das reses, optimizan os recursos e seleccionan os mellores animais para producir carne de calidade.

Actualmente, esta carne forma parte do segmento de carnes selectas e está considerada entre as mellores do mundo, tanto a nivel de carnicerías delicatesen como da alta cociña de múltiples países.

Medio Natural

O ámbito xeográfico de produción e elaboración da carne da IXP Vaca Galega / Boi Galego abrangue a totalidade do territorio de Galicia.

O nacemento, cría e engorde, así como o sacrificio dos animais, o despezamento dos canais e a maduración, realizaranse na área xeográfica definida, para preservar a especificidade e controlar as condicións de obtención do produto e a súa  rastrexabilidade.

O relevo e orografía galegos son moi variados, predominan os outeiros suaves e as montañas baixas, mesturados con pequenos e abrigados vales que permiten o pastoreo ao longo do ano, atravesados por multitude de ríos.

En xeral, Galicia ten un clima tépedo, de marcada influencia oceánica, que favorece a riqueza da cuberta vexetal e que son fundamentais para a produción de forraxes abundantes e de calidade.

As condicións  orográficas, edafolóxicas e climatolóxicas, a subministración natural e a composición química das augas, a especificidade florística galega e o elevado valor agronómico das súas poboacións pratenses autóctonas confiren a Galicia unhas excelentes condicións para a actividade gandeira e para a produción de carne de vacún de calidade, como se puxo de manifesto ao longo da historia.


Atópanos

Vaca Galega / Boi Galego Mapa

A Coruña

Desplegable empresas

CARNICEROS DE LA CORUÑA SA (CARNICOSA)

Becerreá

Desplegable empresas

ALFREDO GALVÁN, SL
CÁRNICAS GALBÁN, SL

Bergondo

Desplegable empresas

BETANZOS CARNES, SL

Betanzos

Desplegable empresas

SUMINISTROS MEDINA, SL

Bóveda

Desplegable empresas

GUTREI GALICIA, SL

Castro de Rei

Desplegable empresas

FRIGORÍFICOS DEL LEA, SL (FRILEA, SL)

Castroverde

Desplegable empresas

JESÚS FOLE FOLE

Laracha

Desplegable empresas

CÁRNICAS VISTA ALEGRE, SL

Lugo

Desplegable empresas

LUALCO, SL
NOVAFRIGSA, SA

Monforte de Lemos

Desplegable empresas

GALLAECIA DELICATESSEN, SLU

Outes

Desplegable empresas

RUSER LOMOS, SL

Rábade

Desplegable empresas

CÁRNICAS TERRACHÁ 2012, SL
LUGO CARNE, SL

Sarria

Desplegable empresas

CÁRNICAS CHAMPAM, SL

Silleda

Desplegable empresas

FRIGORÍFICOS BANDEIRA, SL

Queres estar á última das experiencias calidade?