Merca Experiencias de Calidade

IXP Viño da Terra de Betanzos

O río Mandeo e o seu afluente, o Mendo, labraron durante miles de anos os vales que rodean a cidade de Betanzos, e é precisamente nas ladeiras expostas ao sur destes vales onde se atopa o mellor terruño para as castes autóctonas desta zona.

Medio Natural

A influencia atlántica provoca unha moderación das temperaturas especialmente significativa nos períodos de máxima vexetación da vide.

O número de horas de luz é un dos factores  limitantes para o cultivo da vide condicionando desta maneira as graduacións alcohólicas e ocasionando valores altos de acidez.

As condicións límite de luz e temperatura son características propias desta zona para obter viños singulares. As viñas están plantadas en solos francos e profundos, propios desta área xeográfica. A poda e a condución das viñas realízase manualmente e con mestría para facer un axeitado control do potencial vitícola.


Atópanos

Mapa Viño da Terra de Betanzos Mapa Viño da Terra de Betanzos

Queres estar á última das experiencias calidade?