Elixiches esta experiencia...
4F CATRO FERRADOS 2023
ADEGA CATRO FERRADOS
DO Ribeiro
Limpo e brillante, de cor amarela limón.
Aroma de alta intensidade, sutil, complexo, expresivo e cheo de matices con
predominio dos recordos a piña, limón, mazá verde e lixeiras notas florais.
En boca é amplo, ben estruturado, con notable presenza da froita e un final
lixeiramente cítrico que lle aporta moita frescura e elegancia.
Harmonía: Peixes, carnes brancas, queixos e embutidos.