Elixiches esta experiencia...
BO-QUEIXO

BO-QUEIXO


DOP Arzúa-Ulloa

Bo-Queixo é un produto elaborado nas faldras do Pico Sacro, concretamente na pequena aldea de Orto, no concello de Boqueixón. Trátase dun queixo producido con leite fresco pasteurizado de vaca, procedente das explotacións gandeiras saneadas e localizadas na área xeográfica da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. De pasta branda, lisa, levemente húmida, cremosa e fundente. Bo-Queixo presenta unha codia fina e elástica, de cor amarela pálida. O seu sabor é suave, con matices de aroma a vainilla e iogur, lembrando sempre o sabor do leite fresco. Posúe unha curación mínima de seis días e un consumo preferente de tres meses.

Queres estar á última das experiencias calidade?