Elixiches esta experiencia...
Fonte do Frade

FONTE DO FRADE

Pazo de Valdomiño, S.A.
IX "Licor de Herbas de Galicia"

Cristalino, de cor limón maduro.

De boa intensidade, elegantes notas de froitas maduras -néspera, mandarina- e profundas notas de plantas balsámicas -salvia, eucalipto e coandro-.

Equilibrada, volven as infusións cun elegante e amargo final.

Fundada en 1996 por Miguel Oliveira en Goian,Tomiño, Pontevedra. As súas orixes remóntanse aos seus devanceiros e á longa tradición familiar na elaboración de augardentes de alta calidade, pasando  "o bo facer" de xeración en xeración. Centran a súa actividade na elaboración e comercialización de augardentes amparadas polas IIXX Orujo de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia, respectando todo o aprendido dos seus antecesores e as súas receitas tradicionais. Destaca a utilización como materia prima o bagazo seleccionado en pequenas adegas do Baixo Miño. Destilado nas propias instalacións, obterase a base de todos os seus produtos ( augardentes e licores). Esta destilería basea a súa diferenciación na calidade que achega a materia prima seleccionada das pequenas adegas da zona do Rosal, pois que toda a augardente procede da destilación do bagazo de uva Albariño desta área, xa que se trata dunha subzona da DO Rías Baixas.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA VALDOMIÑO

Experiencia Valdomiño

Ponlles cara

Miguel Oliveira. Pazo de Valdomiño

Atópanos

Enderezo

Centinela, 1 · Goián · 36750
Tomiño · Pontevedra

Contacta

Teléfono

986 609 707

Correo Electrónico
info@pazovaldomino.es

Queres estar á última das experiencias calidade?