FONTE DO FRADE
Pazo de Valdomiño, S.A.
IX "Licor Café de Galicia"
IIXX Orujo, Licor de Herbas e Licor Café de Galicia
Centinela, 1 Goián
36750 Tomiño
Pontevedra
986 609 707
https://www.pazovaldomino.es
info [at] pazovaldomino.es (info[at]pazovaldomino[dot]es)
Son Miguel Oliveira fundador de Pazo de Valdomiño. Comecei este proxecto empresarial no ano 1996, cando tiña 25 anos. Aínda que era un emprendedor novo tiña unha gran experiencia neste sector pola transmisión de coñecementos a nivel familiar, xa que de neno sempre tiven a inquietude de ir ao alambique co meu pai. Iso que naquel momento era simplemente algo que me gustaba facer e aprender, serviu de base ou de inspiración para acadar todos os logros destes anos. Elaboramos produtos de máxima calidade e de gran tradición como a augardente blanca, o licor café e o licor de herbas. Produtos de toda a vida que están amparados polas indicacións xeográficas de Orujo de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia. Tamén elaboramos outros produtos como o licor de coandro, típico da zona onde nos atopamos. Ao longo destes anos o amparo das indicacións xeográficas deunos moito prestixio e supuxo unha garantía de cara aos nosos clientes e ao consumidor final. Tamén nos serviu para levar a “Galicia” por toda España e polo mundo durante estes anos, polo que a calidade dos produtos sempre foi moi importante no noso traballo como achega de valor engadido á empresa. Nos últimos anos acadamos varias distincións nas Catas de Galicia, concurso que organiza a Xunta de Galicia. Concretamente en 2021 conseguimos o Pote de Ouro na categoría IX Licor de Herbas de Galicia. Sentímonos moi orgullosos deste galardón por ser un recoñecemento a un traballo moi duro, dun gran equipo que está detrás dos nosos produtos e que é capaz de levar adiante este proxecto común.
Fundada en 1996 por Miguel Oliveira en Tomiño, Pontevedra. Froito da nosa tradición familiar na elaboración de augardentes de alta calidade, valor que pasa de xeración en xeración. A primeira referencia á elaboración do afamado licor de cilantro por parte do meu tataravó Manuel Ozores, alquimista de profesión, data xa de 1877.
Respecto pola tradición e selección do bagazo de calidade empregado como materia prima para as nosas destilacións, son as nosas máximas para obter produtos de calidade.
Centinela, 1 · Goián · 36750
Tomiño · Pontevedra