Elixiches esta experiencia...
MEU CEO

MEU CEO

Orujos y Licores Augavella, S.L.
IX Augardente de Herbas de Galicia

Cor verdosa con escintilacións cobres.

Alta intensidade aromática con marcada presenza de notas de tipo floral —xasmín, lavanda, rosa— e especiada —cravo, noz moscada e canela— sobre un fondo de elegante augardente que contribúe tamén con matices de tipo cítrico e floral.

Boca cálida, de marcado e longo recordo floral cun final amargo moi elegante.

En Chantada, en plena Ribeira Sacra e a carón do Camiño de Inverno, está a destilería de Augavella. Unha empresa familiar que en tempos xa se dedicou ás augardentes, viños e sidras, e que agora, con máquinas máis modernas, segue obtendo uns destilados coa calidade que sempre tiveron as augardentes da zona de Chantada. Cabe destacar que recolle o bagazo das cinco denominacións de orixe de viños galegos

Ponlles cara

Milagros Prado

Atópanos

Enderezo

Polígono Industrial Os Acivros B-1B
27519 · Chantada
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

982 441 900

Correo Electrónico
augavella@augavella.com

Queres estar á última das experiencias calidade?