MEU CEO
Orujos y Licores Augavella, S.L.
IX Augardente de Herbas de Galicia
Cor verdosa con escintilacións cobres.
Alta intensidade aromática con marcada presenza de notas de tipo floral -xasmín,
lavanda e rosa- e especiadas -cravo, noz moscada e canela- sobre un fondo de elegante
augardente que contribúe tamén con matices de tipo cítrico e floral.
Boca cálida, de marcado e longo recordo floral, cun final amargo moi elegante.
Pola súa complexidade aromática, pode ser consumido só nunha sobremesa como
dixestivo. Aínda que tamén resulta ideal para empregar como base na preparación de cócteles
ou doces elaborados, principalmente, con froita fresca ou confeitada.