Elixiches esta experiencia...
MEU CEO
Orujos y Licores Augavella, S.L.
IX "Licor de Herbas de Galicia"
Cor amarela limón con reflexos verdes e escintilacións douradas.
Acentuada intensidade aromática con notas balsámicas e cítricas -camomila,
herba luísa e coandro-, especiadas -cravo, noz moscada- e florais.
Fase gustativa: En boca resulta suave, sedoso e equilibrado, cun longo recordo floral e a
especias.
Harmoniza ben con calquera sobremesa, para ser consumido só ou con doces
elaborados a base de nata, crema, merengue e froita. Tamén cos que leven canela ou xenxibre
na súa elaboración.