Elixiches esta experiencia...
Os Areeiros

Os Areeiros

Os Areeiros
IXP Ribeiras do Morrazo

9,90€

Viño branco elaborado coa variedade Albariño, amparado pola IXP Ribeiras do Morrazo. Marca que resultou galardoada co Acio de Ouro na categoría Viños con IXP nas Catas de Galicia 2021.

Preséntase brillante e moi limpo. De cor amarela limón con lixeiros reflexos verdosos.

Boa intensidade, varietal e de marcada complexidade. Notas afroitadas — mazá reineta, piña e melón— que destacan sobre lixeiros recordos da crianza sobre lías.

En boca é amplo e persistente. Ben estruturado e con presenza dunha elegante acidez que lle achega frescura.

Maridaxe: Idóneo para tomar como aperitivo, con marisco ou peixes de calquera tipo.

A historia desta adega comeza hai séculos no predio Os Areeiros, con documentos históricos que datan de 1613, sendo unha casa cun presente e un pasado fortemente vinculado ao mundo do viño. A familia Martínez viviu sempre alí e elaborou o viño de forma artesanal, grazas a cepas que hoxe en día son centenarias. En 2005 modernízase e renóvase esta adega, e pásase da elaboración do viño tinto nas antigas presas, como son os lagares ou lagaretas, a apostar pola innovación e a profesionalización a través de modernos emparrados, prensa pneumática, fermentación controlada e estabilización en frío, obtendo así o seu mellor Albariño.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA OS AREEIROS

Experiencia Os Areeiros

A nosa adega sitúase no predio Os Areeiros, ao carón do seu propio viñedo e da casa da familia que data de 1613, convertida hoxe en aloxamento de turismo rural coa que os nosos clientes poden desfrutar dunha experiencia completa de enoturismo nunha contorna familiar. 

Descubre esta experiencia enoturística cunha estadía con almorzo incluído, visita os viñedos e a adega, para coñecer como elaboramos os nosos viños, ademais de probalos nunha cata comentada.

Ponlles cara

Guillermo. Os Areeiros

Atópanos

Enderezo

Areeiros, 30 · Santa Cristina de Cobres
36142 · Vilaboa
Pontevedra

Contacta

Teléfono

655 835 368

Correo Electrónico
contacto@osareeiros.com

Queres estar á última das experiencias calidade?