Elixiches esta experiencia...
Pepa Porter

Pepa Porter


DO Monterrei

Cor pálida con reflexos limón. Limpo, transparente e brillante. De boa bágoa.

Nariz de claro e marcado carácter afroitado, cítricos, froitas brancas e de óso, e lixeiros matices florais.

Boca ampla e glicérica, fresca e suave. Redondo e lixeiramente lambisqueiro. Ben equilibrado de estrutura media cun longo e elegante posgusto.

Maridaxe: perfecto para degustar con aromas intensos do mar, arroces e pasta, queixos suaves e afroitados.

Queres estar á última das experiencias calidade?