Elixiches esta experiencia...
Quenza

Quenza

Customdrinks, S.L.U.
IX "Licor de Herbas de Galicia"

Cor dourada con tons herbáceos. Aspecto limpo e cristalino.

Delicado equilibrio entre os aromas fragrantes herbáceos “doces” e a base de augardente.

En boca, sabores dominantes de camomila e anís.

En Galicia, hai centos de anos, pensouse que a augardente de bagazo podería mellorarse coas herbas máis aromáticas da nosa terra. De aí emerxen licores como Quenza, elaborado a partir de augardente de bagazo cento por cento —obtida da destilación do bagazo de Ponte da Boga— onde herbas aromáticas-medicinais maceran durante vinte días. A destilación é de arrastre de vapor, un sistema de baixas presións que filtra e arrastra as mellores substancias volátiles rexeitando os compostos de degradación. Posteriormente, o produto remóese para homoxeneizar o licor, obtendo destilados da máxima calidade e complexidade organoléptica.

Atópanos

Enderezo

Pol. Ind. Os Acivros Parcela C-1
27500 · Chantada · Lugo

Contacta

Teléfono

982 441 392

Correo Electrónico
info@customdrinks.es

Queres estar á última das experiencias calidade?