Elixiches esta experiencia...
SEGREL
Bodegas Pablo Padín, S.L.
IX "Licor Café de Galicia"
Cor marrón chocolate, de tonalidade escura, pero brillante.
De gran intensidade aromática, harmonioso e con elegantes notas torrefactas.
Lambisqueiro en boca, doce e untuoso. Agradable sensación de calor e moi
franco nas sensacións percibidas.
Harmoniza moi ben con doces galegos -Tarta de Santiago IXP, filloas, etc.-, tamén
con bombóns de chocolate.