TAMTUM
Orujos y Licores Augavella, S.L.
IX "Licor de Herbas de Galicia"
Cor amarela pálida con sutís notas verdosas.
Alta intensidade e marcada complexidade aromática a herbas e especias, sobre
un fondo de boa augardente de bagazo. Destacan as notas de cravo, noz moscada, herba luísa,
romeu e azar cun predominio dos cítricos e mentolados.
Boca suave con entrada doce, pero que deixa paso á presenza das herbas e
as especias que o enchen todo. Longa e persistente.
Harmoniza ben con calquera sobremesa, para ser consumido só ou con doces
elaborados a base crema, merengue, nata e froita, principalmente laranxa. Tamén cos que
empregan anís e froitos secos, tipo améndoa.