Elixiches esta experiencia...
QUESO ARZÚA-ULLOA TERRA DE MELIDE

TERRA DE MELIDE ARZÚA-ULLOA

Lácteos Terra de Melide S.L.
DOP Arzúa-Ulloa

Este queixo de carácter cremoso presenta unha pasta branda de cor uniforme, entre branca marfil e amarela. Ten un aspecto esponxado e pode conter pequenos ollos, arredondados e de distribución irregular. O seu sabor é suave e lembra ao do auténtico leite. Idóneo para degustar só ou integrado en diferentes elaboracións.

No ano 1990 fúndase Lácteos Terra de Melide, S.L., unha empresa familiar asentada no rural galego que foi medrando de forma exponencial. Todos os seus produtos se elaboran con leite cento por cento galego, natural e enteiro procedente de pequenas gandarías próximas á súa fábrica. Aínda que os seus queixos son artesáns, no proceso de fabricación empregan a tecnoloxía precisa para garantir a máxima hixiene, sen perder o sabor tradicional. A súa produción está amparada polas denominacións de orixe protexida Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla, ofrecendo sempre un produto certificado da máxima calidade.

Atópanos

Enderezo

Lg. Orois, s/n
15800 · Melide
A Coruña

Contacta

Teléfono

981 808 009

Correo Electrónico
web@terrademelide.com

Queres estar á última das experiencias calidade?