Elixiches esta experiencia...
TERRAS MANCAS

TERRAS MANCAS 2023

ADEGA TERRAS MANCAS, S.L.
IXP Val do Miño-Ourense

Aspecto limpo e brillante, de cor amarela pálida con trazas verdosas.
Aroma complexo, elegante e de alta intensidade. Mestura de recordos de aromas
cítricos -pomelo e limón- con sutís herbais -fiúncho, céspede e mimosas-.
No seu paso por boca destaca a súa estrutura, persistencia e unha acidez ben
integrada que lle aporta frescura.
Harmonía: Tapas, mariscos, peixe, carnes brancas, pratos orientais e queixos.

Adega Terras Mancas cultiva a día de hoxe unhas oito hectáreas de terreo nos bancais de Bocarribeira, na vertente de Trasalba, influídas pola frescura das augas do río Barbantiño e quentadas polos últimos raios de sol do seu solpor. Deste modo, obteñen viños cuxo aroma e persistencia homenaxean á historia, paixón e cultura vitivinícola destas terras.

Ponlles cara

Javier

Atópanos

Enderezo

Lugar de Soutomanco, s/n
32172 · Amoeiro
Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

650 475 714

Correo Electrónico
info@adegaterrasmancas.com

Queres estar á última das experiencias calidade?