TERRAS MANCAS 2023
ADEGA TERRAS MANCAS, S.L.
IXP Val do Miño-Ourense
Lugar de Soutomanco, s/n
32172 · Amoeiro
Ourense
650 475 714
info [at] adegaterrasmancas.com (info[at]adegaterrasmancas[dot]com)
Son Javier un dos tres socios que formamos a adega Terras Mancas, xunto con Camilo e Jorge que é o meu irmán. Empezamos este proxecto fai uns oito anos, movidos pola inquietude do abandono do rural. Somos os tres veciños de Trasalba na boca ribeira que Otero Pedrayo tanto mencionaba nas súas obras. Temos un viñedo de dez hectáreas en bancales limítrofe coa zona do Ribeiro, dentro da I.X.P. Val do Miño-Ourense, coas variedades albariño, treixadura, godello e loureira coas cales facemos un coupage. Nós tratamos de trasladar a nosa ilusión e as nosas ganas de vivir no rural a cada botella que se abra e en cada brinde para que todo o mundo goce con cada copa de viño da Galicia interior.
TERRAS MANCAS
Coupage das variedades: treixadura, albariño, godello e loureira.
Fase visual: Aspecto limpo e brillante, de cor amarela pálida con trazas verdosas.
Fase olfactiva: Aroma complexo, elegante e de alta intensidade. Mestura de recordos de aromas cítricos -pomelo, limón- con sutís herbais -fiúncho, céspede, mimosas-.
Fase gustativa: No seu paso por boca destaca a súa estrutura, persistencia e unha acidez ben integrada que lle aporta frescura.
Maridaxe: Pescados, carnes brancas, mariscos, empanadas galegas e queixos galegos con DOP -Queixo Tetilla, ArzúaUlloa, Cebreiro e San Simón da Costa-.
Lugar de Soutomanco, s/n
32172 · Amoeiro
Ourense