QUEINAGA Queixo Tetilla 1000g
Elaborado respectando a tradición, presenta a súa característica forma cónica e cor amarela natural. Marca premiada ca distinción de Bronce na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2024.
DON CRISANTO Queixo Tetilla 1000g
Don Crisanto é un queixo graxo madurado de pasta branda, cremosa, moi uniforme e con apenas ollos. Marca premiada coa distinción de Ouro na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2023 e Prata no 2021 e 2024.
TERRA DE MELIDE QUEIXO TETILLA
Elaborado con leite procedente das pequenas gandeirías da súa contorna, nesta queixería familiar asentada no rural, que obtivo a Distinción de Bronce na edición 2021 das Catas de Galicia e Ouro no 2024.

