Elixiches esta experiencia...
Queixo Tetilla Don Crisanto

DON CRISANTO Queixo Tetilla 1000g

Crisanto SAT - Queixería Don Crisanto
DOP Queixo Tetilla

11,30€

Don Crisanto é un queixo graxo madurado de pasta branda, cremosa, moi uniforme e con apenas ollos. A codia, pola súa banda, é amarela, fina e lisa. No gusto apréciase un sabor lácteo suave, cun lixeiro toque ácido. En boca presenta notas ácidas moi sutís, resulta pouco salgado e de padal manteigoso.

A queixería Don Crisanto é unha empresa familiar que inicia a súa actividade no ano 1990, acadando un gran recoñecemento pola súa longa traxectoria na produción tradicional de diferentes tipos de queixos. Os seus antepasados amosáronlles o camiño para sacar o máximo partido ao leite saído das súas propias vacas, logran así elaborar queixos distinguidos pola súa calidade e propiedades organolépticas.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA DON CRISANTO

Experiencia Don Crisanto

Dende a nosa queixería familiar Don Crisanto, animámosvos a que vos acheguedes a coñecer este lugar, a nosa contorna, a nosa fermosa paisaxe, un rural tranquilo que nos permite destrutar de moitas aventuras: rutas de senderismo pola montaña, coñecer a Torre dos Andrade, un paseo con baño na praia fluvial...

Estaremos encantados de recibirvos na nosa queixería, coñeceredes as nosas instalacións e comprobaredes o agarimo, amor e esmero que poñemos na elaboración do produto para o desfrute dos vosos padais esixentes.

Contamos cunha pequena casiña anexa á queixería  na que vos sentiredes cómodos durante a degustación e cata comentada dos produtos que vos ofrecemos. Agardamos por vós!!

Ponlles cara

María Cuba. Queixería Don Crisanto.

Atópanos

Enderezo

Moreda, s/n · Lanzós
27816 · Vilalba
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

982 525 637

Correo Electrónico
crisantosat@hotmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?