Pepa Porter
Este godello da DO Monterrei presenta cor pálida con reflexos limón, a luz da comarca de Verín. Acio de Ouro da súa denominación de orixe nas Catas de Galicia 2020.
Davide
Combina harmoniosamente intensidade, frescura e elegancia, produto dunha viticultura reflexiva, acredor do Acio de Ouro na categoría DO Rías Baixas nas Catas de Galicia 2020.
Pazo do Mar “Expresión”
O frescor floral da treixadura da DO Ribeiro xunto cunha coidada elaboración valéronlle o Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2020.
Vicius
Vicius elabórase a partir da selección de mostos flor, que pasan a fermentar en barricas novas de carballo francés de toste medio. Acio de Prata na categoría de elaboracións con madeira brancos na edición 2020 das Catas de Galicia.
Davila
Uvas albariño, loureiro e treixadura, que proceden unicamente de viñedos situados na zona do Rosal, explican a intensidade e o carácter afroitado deste viño galardoado co Acio de Bronce dos viños DO Rías Baixas brancos nas Catas de Galicia 2020.

