DO Rías Baixas
Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas poden presumir da súa riqueza, non só polos aromas e sabores que transmiten, senón por todas as sensacións e imaxes que evocan.
Son viños cargados de significados, que van dende as peculiaridades do clima atlántico e a personalidade dunha terra única, ata a inesquecible colección de momentos que podes vivir con eles.
Medio Natural
A Denominación de Orixe Rías Baixas engloba cinco subzonas:
- Condado do Tea
- O Rosal
- Ribeira do Ulla
- Soutomaior
- Val do Salnés
Estas subzonas encóntranse enclavadas na provincia de Pontevedra, agás a subzona da Ribera do Ulla que ten parte do seu territorio na provincia da Coruña.
As características dos diferentes solos da zona xeográfica xunto coas condicións climáticas conforman unha zona con características favorables para o cultivo do viñedo, obtendo un produto final adaptado perfectamente ao medio.
A variedade Albariño é a gran protagonista dos viños que aquí se producen. Os viños que se elaboran con esta variedade son viños complexos a nivel aromático debido ao gran número de descritores que os caracterizan, entre os que destacan a mazá, cítricos, florais (rosa), froita madura e herbáceos.
Ademais, na calidade e características específicas do produto, é de grande importancia o esmero con que traballan os produtores locais, que coñecen as súas viñas grazas á sabedoría que dá unha longa experiencia no seu coidado, tanto na condución, como na poda e o atado das cepas, para un adecuado control do potencial vitivinícola, ou na selección da uva. A iso debemos sumar o rigor nos controis de calidade que se aplican, que fixeron posible o prestixio que os viños da DO Rías Baixas teñen tanto en España como nos mercados internacionais.