ALTER
Treixadura, godello e loureira conforman unha paleta de sabores de marcado carácter froiteiro procedentes do corazón do Ribeiro. Galardoado co Acio de Prata na categoría D.O. Ribeiro branco nas Catas de Galicia 2021 e 2023.
Paradigma de Leive
Viño branco, novo, elaborado coas variedades treixadura, albariño e loureira. Marca premiada co Acio de Prata na categoría de viños de Colleiteiro e pequenas adegas brancos nas Catas de Galicia 2021
1040 Sameirás
Marca premiada co Acio de Bronce na categoría de viños de elaboracións con madeira branco nas Catas de Galicia 2021. Viño con dous anos en botella e irá evolucionando co tempo.
Manuel Rojo
Viño branco único e concentrado, cun sutil e elegante fondo mineral. Os seus potentes sabores afroitados envólvennos dende o primeiro momento acompañados de elegantes notas cremosas, proporcionadas por uvas de treixadura, lado, godello e albariño. Galardoado co Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2021.

