ADEGA PEDRO LEIVAS

ADEGA PEDRO LEIVAS

Adega Pedro Leivas, único lagar de sidra que permanece no norte de Galicia, nas terras altas de Espasande de Arriba, en Riotorto, Lugo.

A nosa adega é a mestura de natureza,  agricultura ecolóxica e arquitectura tradicional rehabilitada, que mereceu o prestixioso premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe.

Despois de anos de intenso traballo en recordo dos nosos maiores que puxeron as primeiras pedras e sementaron as maceiras mais vellas, conseguimos poñer en valor unhas fincas moi produtivas, e acondicionamos un conxunto arquitectónico singular e con unhas condicións únicas para a elaboración e a crianza baixo terra da Sidra Natural Salvaxe.

A sidra xa foi recoñecida en certames nacionais e internacionais.

Pero non deixamos de traballar. Ademais da sidra da adega saen tres novos produtos, nos que a mazá segue sendo o corazón e o único ingrediente: o zume de mazá 100%, o vinagre de sidra e o espirituoso de sidra.
Este último, o espirituoso, se destila unindo a tradición e a innovación, nun entorno exterior sorprendente e máxico. Os vapores do destilado, as gotas de augardente, a luz da lúa, os destelos do cobre, o vento na maceira e as antigas pedras acadan unha experiencia inesquecible e un sabor excelente.

Somos artesáns, adscritos a Artesanía Alimentaria de Galicia, e a Artesanía Alimentaria de Montaña. 

ADEGA PEDRO LEIVAS
Os nosos produtos

Sidra Natural, denominación comercial, Sidra Natural Salvaje, sidra de fermentación total con 6,5º, premiada en diversos certames.

Zume de mazá 100%, procedente do mosto logo do prensado lento da mazá, pasteurizado o baño de maría para preservar as súas mellores cualidades e características organolépticas. 

Vinagre de sidra, envellecido en barrica de carballo durante 18 meses.

Espirituoso de sidra, destinado nas nosas instalacións, unindo a mestría tradicional e novas experiencias, premiado en certames nacionais e internacionais.

Sidra espumosa, elaborada polo método primitivo.

ADEGA PEDRO LEIVAS

Atópanos

Enderezo

Situada no núcleo de Espasande de Arriba, na parroquia de Santa Marta, no concello de Riotorto (Lugo), formando parte das comarcas da Mariña e Terra Cha.
27744, Lugo.

Coordenadas
43.332531, -7.280301

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp