Mirian

Son Mirian, responsable de comunicación e marketing de Adegas Terrae, unha adega na que elaboramos viños das cinco denominacións de orixe de Galicia. Hoxe estamos na denominación de orixe de Monterrei onde elaboramos Pepa Porter que é un godello e Pepe Porter que é un mencía, varias veces recoñecidos en premios internacionais e locais. Acabei neste mundo dunha forma casual, eu estudei en Madrid comunicación audiovisual pero sempre quixen voltar para Galicia, este mundo ofreceume a oportunidade de vir e descubrir o encanto do mundo rural.

O que mais me gusta deste traballo é a oportunidade que lle dá a xente xoven de traballar no campo, ver como medran as vides e participar na elaboración do viño.

Síntome moi orgullosa cando atopo as nosas marcas na carta dun restaurante e vos animo que cando vexades un Pepa ou Pepe Porter o probedes e o disfrutedes.

Adegas Terrae
A miña adega

Adegas Terrae nace no ano 2017 co propósito de elevar o prestixio do viño galego no mundo, seguindo as derradeiras tendencias e ofrecendo luxo asequible en cada botella. Toma o nome do término latino terrae do que deriva a palabra terra, a que queremos e debemos tanto por ser o berce dos nosos viños.

Buscamos fuxir do esquema tradicional de adega e plantexamos elaborar un novo concepto de produto a través dunha imaxe atrevida e un packaging innovador, co obxetivo de sorprender aos consumidores sobrepasando as súas expectativas.

Atópanos

Enderezo

O Rosal, 12 · 32613
Oímbra · Ourense

Coordenadas
41.905035, -7.45712

Queres estar á última das experiencias calidade?