Joaquín Sánchez

Son Joaquín Sánchez, o maior dos tres irmáns fundadores de Alan de Val. Na nosa adega temos nove marcas distintas. O Mencía é un dos nosos viños emblemáticos, un viño moi premiado. 
A parte da paixón que poñemos elaborando os nosos viños, temos outra vocación: o enoturismo. A todo o que se acerca á nosa adega explicámoslle todo o proceso de elaboración, desde a viña ata a copa.

Adega Alan de Val
A miña adega

A historia de Alan de Val remóntase aos anos 20, cando o noso avó José Sánchez Núñez, comprou a actual cova de Alan de Val, na zona das Pinguelas (A Rúa), casou con Elisa Fernández Díaz e dalgunha maneira e sen sabelo, converteuse no fundador da actual saga Alan.

Adega Alan, fundada no ano 1993 baixo a Denominación de Orixe Valdeorras, medra no ano 2006 coa construción da nova adega na Leira “Pedrazais”, situada na Rúa, na comarca de Valdeorras, na parte Nor-Oriental da provincia de Ourense e regada polo río Sil.
 

Alan de Val
Os meus produtos

En Adega Alan, traballamos exclusivamente con viñedos propios, co obxectivo de realizar unha óptima selección das uvas. Os nosos viñedos sitúanse nunha rexión climática de carácter continental con influencia atlántica, caracterizada por invernos fríos, veráns cálidos e outonos e primaveras suaves.

Alan de Val Mencía acompañanos desde os primeiros embotellados e é un dos viños máis representativos da D.O. Valdeorras.

Atópanos

Enderezo

Lugar de Pedrazais, s/n
32350 · A Rúa · Ourense

Coordenadas
42.402377523665, -7.0898573571555

Queres estar á última das experiencias calidade?