Elixiches esta experiencia...
ALAN DE VAL Mencía 2023
ALAN DE VAL Mencía 2023
ALAN DE VAL Mencía 2023
ALAN DE VAL Mencía 2023

ALAN DE VAL Mencía 2023

Alan de Val, SAT
DO Valdeorras

10,95€

Preséntase con elegancia, lucindo con capa media vivaces tons vermello picota e reflexos violáceos.

De preto resulta afable, ofrece apetecibles aromas de froitas vermellas e negras, maduras e en confeitura, elegantemente aderezadas con sutís especiados, regalicia, flores secas e delicados coiros finos.

En boca exprésase con finura, resultando saboroso, fresco e zumarento, con delicada estrutura tánica e boa harmonía.

Maridaxe: peixes azuis, carnes brancas e vermellas cos seus diversos arroces, pastas e gornicións. Tamén é unha feliz parella de queixos e embutidos e, por suposto, brilla cun bo polbo ou con calquera cefalópodo guisado. Un todoterreo que sempre refresca e engalana o bocado.

Alan de Val é unha adega de ámbito familiar fundada no ano 1993 polos irmáns Sánchez Rodríguez, a partir da experiencia herdada de pais e avós, dedicados desde sempre ao viñedo, ao viveiro e á elaboración e venda de viños. Apostan firmemente polos viños de variedades autóctonas, onde a tradición e o terreo conforman un perfil propio e xenuíno. A adega traballa exclusivamente con viñedos propios, co obxecto de realizar unha óptima selección de uvas.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA ALAN

En Adega Alan organizamos catas e visitas na adega.
Durante a visita, guiarémosvos durante o percorrido. Percorreremos o interior da adega, seguindo o proceso de elaboración do viño, e daremos unha volta polos viñedos que rodean á adega, a leira Pedrazais, de onde proceden as uvas dos nosos viños Pedrazais Godello e Pedrazais Mencía. 
Cataremos uns viños cun aperitivo gozando das vistas.

Ponlles cara

Alan, S.A.T

Atópanos

Enderezo

Lugar de Pedrazais, s/n
32350 · A Rúa · Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

988310431-636727848

Correo Electrónico
alandeval@alandeval.com

Queres estar á última das experiencias calidade?