ALTOS DE TORONA ALBARIÑO
ALTOS DE TORONA
DO Rías Baixas
Carretera de Tui a la Guardia, KM 55.5
36760 As Eiras
Pontevedra
986 609 810
info [at] altosdetorona.com (info[at]altosdetorona[dot]com)
Adegas Altos de Torona pertence ao proxecto vitivinícola da familia Gómez que na súa terceira xeración mantén o respecto pola tradición e o interese pola innovación no coidado da viña.
Coa certificación vegana e en Produción Integrada segue prácticas respectuosas co medio ambiente, a conservación do chan e a paisaxe na contorna natural no que se atopa o seu viñedo. Cunha extensión de 94Ha nunha única peza, o viñedo Altos de Torona atópase no sur da provincia de Pontevedra, na súa fronteira co norte de Portugal. A súa especial localización, sobre un outeiro con vistas ao río Miño e próximo ao Océano Atlántico e o particular microclima da subzona do Rosal, favorecen a calidade excepcional deste lugar, dando lugar a viños de carácter atlántico, con intensos aromas froiteiros.
Hai un lugar no mundo, no que a terra devolve agarimo...
Entre as fileiras de vides das variedades Albariño, Caíño Blanco, Godello, Loureira e Treixadura do viñedo levase a cabo unha viticultura sostible, en produción integrada, que propiciou que este viñedo se convertera en hábitat natural de máis de 160 especies de fauna e flora. O asentamento desta riqueza biolóxica enriquece a vide desde as súas raíces e favorece a obtención de viños únicos, en integración coa natureza.
Altos de Torona Rosal
Altos de Torona Albariño
Altos de Torona Godello
Altos de Torona Caíño
Ao sur da provincia de Pontevedra, na súa fronteira co norte de Portugal atópase a Adega Altos de Torona.
Nos seus viñedos preto do mar e do río Miño, coa súa localización a media ladeira fai que non lle afecten nin as néboas, nin os fríos existentes nos cumes. A orientación sur garante unha boa insolación, que contribúe a unha perfecta maduración da uva.
Suave durante todo o ano, pero sobre todo no verán. As temperaturas suaves do verán fan que a uva madure lentamente, conservando todos os seus aromas varietales e unha importante acidez, necesarios para a elaboración de viños frescos e afrutados.
O chan granítico, arenoso e moi permeable permite obter viños moi finos capaces de resaltar ao máximo os aromas varietales.
Estrada de Tui a Garda, KM 55.5
36760 As Eiras
Pontevedra