ROMEO DOMAIN
BODEGA GULLUFRE
DO Ribeira Sacra
D.O. Ribeira Sacra
Lobios, 30
27423 · Sober
Lugo
639 843 457
info [at] bodegagullufre.com (info[at]bodegagullufre[dot]com)
Ola, chámome Isabel Fernández, son viticultora e adegueira, son a encargada de seguir a continuidade dunha tradición familiar: seguir creando viños de boa calidade e non de cantidade. Pertenzo á segunda xeración desta adega familiar que comezaron os meus pais en 1990 e que con esforzo e dedicación foron adquirindo pequenas parcelas ata chegar hoxe a unha extensión de dúas hectáreas.
Adega Gullufre é unha pequena adega familiar situada na parroquia de Lobios, concello de Sober, pertencente á D.O. Ribeira Sacra, subzona Amandi. O meu traballo é moi variado, ao tratarse dunha pequena adega realizo tanto o traballo da viña, como o de elaboración e comercialización, como resultado obtemos viños xóvenes cun gran potencial aromático e moita froita.
Ribeira Sacra é unha zona vitícola con moito futuro pola calidade dos seus viños, zona coñecida como viticultura heróica onde producimos Romeo Domain un viño exclusivo e de produción limitada. Convidámosvos a coñecer a Ribeira Sacra, terra de músicos, alfarería, arte románico, festas, miradoiros espectaculares e unha boa gastronomía, non deixedes de vir ...!!!
ROMEO DOMAIN
Fase visual: Cor vermella violácea, moi viva e limpa.
Fase olfactiva: Aroma elegante e complexo. Boa intensidade en nariz. Moi fresco. Sobresaen as notas froiteiras tipo amora, arando vermello e cereixa.
Fase gustativa: Amplo, fresco e saboroso. Destaca por unha tanicidade moi lixeira. Bo percorrido e persistencia.
Harmonía: Carnes, cocidos, caza, embutidos e queixos curados.
Lobios, 30
27423 · Sober
Lugo