Elixiches esta experiencia...
Romeo Domain

ROMEO DOMAIN

Bodega Gullefre
DO Ribeira Sacra

Cor vermella violácea, moi viva e limpa.

Aroma elegante e complexo. Boa intensidade en nariz. Moi fresco. Sobresaen as notas froiteiras tipo amora, arando vermello e cereixa.

Amplo, fresco e saboroso. Destaca por unha tanicidade moi lixeira. Bo percorrido e persistencia.

Bodega Gullufre é unha adega familiar que nace no ano 1990 co obxectivo de manter a tradición vitícola. Está situada en Lobios, no municipio de Sober, en Lugo. Atópase en pleno corazón da Ribeira Sacra, pertencendo á subzona de Amandi. Posúe 2 hectáreas de viñedo repartidas en parcelas en bancais sobre as escarpadas ladeiras do río Sil, o que fai obrigatorio o cultivo manual. Os seus viños son elaborados artesanalmente con uvas de colleita propia. A súa coidada selección, o terreo e o microclima, o sacrificio e o esforzo, todo isto metido nunha botella de vidro, fan que consigan uns viños de pouca cantidade e moi boa calidade.

Ponlles cara

Isabel Fernández

Atópanos

Enderezo

Lobios, 30
27423 · Sober
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

639 843 457

Correo Electrónico
info@bodegagullufre.com

Queres estar á última das experiencias calidade?