PAULA MÍGUEZ

Son Paula Míguez, segunda xeración de adegas O´Ventosela. O nome da adega ven do pobo natal do meu pai Juan Míguez quen decidiu en 1980 elaborar e comercializar os seus propios viños.

Fai trece anos trasladámonos a estas instalacións en Leiro e seguimos elaborando e comercializando os nosos viños da mesma forma que o facía el.

A nosa principal característica é que elaboramos con uvas dos vales dos ríos Miño, Avia e Arnoia. Isto confírelle aos nosos viños as características dos distintos chans areosos, lousa e granito e dos distintos microclimas.

Elaboramos viños monovarietais e de coupage de distintas variedades como treixadura, godello, albariño en brancos e mencía, sousón, brancellao en tintas. Ademais temos unha destilería onde elaboramos o noso oruxo, a nosa augardente de herbas, licor café e crema.

Convidámosvos a coñecer a nosa historia ao longo destes corenta anos visitando a nosa web ou achegándonos á nosa adega.

O´Ventosela
A MIÑA ADEGA

A última tecnoloxía xunto cun gran coñecemento da vinificación tradicional e un amplo respeto pola natureza déixannos nun lugar privilexiado na creación de viños distinguidos e orixinarios nos territorios de Galicia, creando Ribeiros, Albariños e Godellos.

Dispoñemos do equipamento necesario para unha perfecta fermentación, maceración e o coidado dos nosos viños para conseguir a expresión dun gran perfil aromático. A elaboración a partir da selección das uvas en mesa vibratoria dá como resultado a transformación do viñedo en viños orixinais e refinados.

Os nosos viños caracterízanse por alcanzar un perfecto equilibrio entre azucre e acidez.

Bodegas O´Ventosela
OS MEUS PRODUTOS

EL GODELLO JUAN MÍGUEZ

Fase visual: De cor amarela intensa e brillante con reflexos verdosos.

Fase olfactiva: Intensidade alta con aromas froiteiros que recordan á pera, cítricos e froitas con carabuña.

Fase gustativa: Viño moi estruturado, cunha melodiosa acidez sobre un gran volume. Untuoso, fresco, longo e aveludado. Retronasal potente con bos matices. Postgusto agradable e complexo.

Harmonía: Co que máis che guste.

Atópanos

Enderezo

Ctra. OU 504 Ribadavia - Cea Km 8,8
32420 · San Clodio (Leiro)
Ourense

Coordenadas
42.3584534, -8.1218174

Queres estar á última das experiencias calidade?