Calabizo

Edurne, Sofía e Keila

Calabizo creámolo tres mulleres emprendedoras, Edurne, Sofía e Keila; tres profesionais procedentes de diferentes sectores complementarios que decidimos unir  o noso “saber facer” para crear un proxecto de alimentación baseado en plantas, desenvolver produtos artesáns, ecolóxicos, veganos e saudables, elaborados de forma tradicional e cun sabor especial e auténtico.

En 2013 xorde a idea e en 2015 convertémola nunha realidade empresarial grazas ao programa de aceleración de empresas e emprendedores: VIAGALICIA, promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia.

Calabizo formámolo un equipo de mulleres implicadas nun obxectivo común: satisfacer coas nosas opcións gastronómicas aos padais máis curiosos e inquietos, que buscan algo máis que comida nos alimentos que consomen.

Calabizo
O NOSOS PRODUTOS

Baseada nunha receita ancestral de chourizo galego de cabaza, o embutido de cabaza Calabizo é un alimento innovador.

Non existe no mercado ningún outro embutido vexetal similar ao chourizo e elaborado de forma tradicional: curado e afumado con madeira de carballo.

Un alimento de gran valor nutritivo, baixa achega calórica, alto contido en fibra, rico en antioxidantes, fonte de vitamina B6 e co sabor de sempre.

OS NOSO OBRADOR

Calabizo é un embutido con aspecto, cheiro e sabor a chourizo de sempre, elaborado unicamente con ingredientes vexetais.

  • Non precisa refrixeración
  • Consumo preferente de 1 ano
  • Afumado con madeira de carballo e curado
  • Envasado ao baleiro
  • Produto feito en Galicia

Atópanos

Enderezo

C/ Madanela 15 Nave 6C- Entrada por Bulevard Parque Empresarial Porto do Molle
36350 Nigrán
Pontevedra


Queres estar á última das experiencias calidade?