JUAN ANTONIO

Terra de Baronceli é un complexo gastronómico natural, tenda e fábrica de conservas, situado no Val de Monterrei, Verín provincia de Ourense. Somos unha empresa familiar que xurdíu fai 15 anos e dedicámonos pricipalmente a cultivar, transformar e envasar marmeladas, patés, mel... produtos ecolóxicos. Tamén compramos froitos seleccionados a pequenos agricultores, polo que a nosa produción garante a máis alta calidade de materias primas, libre de sementes transxénicas, pesticidas e metais pesados.

Esta comarca é un importante centro de produción agrícola, baseada fundamentalmente en técnicas tradicionais de cultivo e, grazas á súa peculiar climatoloxía podemos atopar especies mediterráneas tales como viñedos, oliveiras e naranxos. Outra característica fundamental do Valle de Monterrei son os seus numerosos manantiais de auga mineral, que dan mostra da riqueza e pureza da auga que fai medrar os nosos vexetais. Dentro das tradicións culturais do val destaca unha das festas máis antigas de Europa, os famosos Entroidos de toda a comarca, que atrae cada ano a miles de turistas de todo o mundo ata estas terras.

Baronceli
O OBRADOR

Para a elaboración das nosas conservas, en Terra de Baronceli, escóllese e lava a man froito a froito.

No envasado non se utiliza ningún tipo de aditivo químico nin conservantes artificiais. Unhas gotiñas de limón recentemente espremido, e unha coidada esterilización garanten todo o sabor e a completa seguridade do produto que chega ata as súas mans.

Baronceli
OS NOSOS PRODUTOS

Entre os produtos que elaboramos podemos destacar:

Zume ecolóxico de arando con mazá

Marmelada de frambuesa gourmet

Paté de boletus con castañas

Crema de castañas con chocolate

 

 

Atópanos

Enderezo

Lugar Vilaza, 29
32618 Verín
Ourense

Coordenadas
41.9360981, -7.4842983

Queres estar á última das experiencias calidade?