DAVEIGA

XOSÉ LOIS

A empresa Lugar da Veiga naceu en Chantada no ano 2005 da man de tres irmáns cun obxectivo claro: regresar á súa terra e contribuír ao desenvolvemento da comarca a través dun proxecto baseado nos principios da economía social, a sustentabilidade, a agricultura ecolóxica  e o compromiso co medio ambiente.

 

A idea das Mariñeiras xurdiu durante unha viaxe a Buenos Aires, onde os promotores descubriron un produto moi similar, de elaboración artesanal e de consumo habitual en diferentes países de América. Investigando sobre a súa orixe, atoparon a conexión histórica coas galletas ou biscoitos que levaban os barcos procedentes da península nas grandes expedicións marítimas cara América, utilizados como unha solución natural para conservar o pan durante longos períodos de tempo.

 

Inspirados por esta tradición histórica, decidiron recuperar e reinterpretar aquel concepto, adaptándoo aos hábitos de consumo actuais e converténdoo nun produto innovador e saudable.

Produtos
O noso OBRADOIRO

No noso obradoiro elaboramos cada Mariñeira seguindo un proceso sinxelo, honesto e respectuoso coa tradición. Porque cremos que os mellores produtos nacen de boas materias primas, tempo e coidado.

 

As nosas tostas elabóranse a partir de ingredientes naturais e de máxima calidade: fariña de trigo, manteiga ou aceite de oliva virxe extra, sal, extracto e fariña de malta de cebada, lecitina de soia e fermento. Sen conservantes, sen colorantes e sen aditivos artificiais.

 

A receita é simple, pero detrás dela hai un proceso no que combinamos tradición e innovación. Primeiro amasamos os ingredientes, deixando que a masa repouse e fermente lentamente durante varias horas. Despois dáselle forma ás tostas e fornexámolas ata conseguir a súa textura lixeira e crocante característica.

 

Grazas ao seu baixo nivel de humidade, as Mariñeiras consérvanse de maneira natural durante moito tempo, mantendo intacto o seu sabor e textura sen necesidade de conservantes artificiais. Esta característica conecta directamente coa súa orixe histórica: un alimento pensado para durar, práctico e saudable.

 

No noso obradoiro non só facemos tostas; elaboramos unha maneira de entender a alimentación: natural, responsable e ligada á nosa terra.

Daveiga
Os nosos PRODUTOS

As nosas Tostas de Pan Sen Miolo representan unha adaptación moderna dunha solución tradicional utilizada polos mariñeiros para conservar o pan durante as longas travesías oceánicas de maneira natural. Inspiradas nesta tradición mariñeira, desenvolvemos un produto innovador, saudable e versátil, pensado para o consumo diario.

 

As tostas poden consumirse soas ou como acompañamento en calquera momento do día. A súa gran versatilidade permite combinalas tanto con produtos doces como salgados. Ademais, a súa resistencia á absorción da humidade fai que manteñan a súa textura crocante durante máis tempo, mesmo unha vez preparadas.


As referencias das que dispoñemos para a venda na plataforma son:


   Gama Bio 180gr
           AOVE
           Chía
           Espelta 100%
           Integral 100%

   Gama Bio 100gr
           Estoxo AOVE

Atópanos

Enderezo

Pol. Os Acivros, Parc. 42-43
27519 Chantada
LUGO

Coordenadas
42.584332, -7.777975

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp