Esdinela, S.L.

Silvia Garriga

Nela Gourmet é un  pequeno obradoiro de elaboración de Marmeladas Creativas, impulsado por dous artesáns locais, Silvia Garriga y José Manuel Paz. Cunha profunda conexión coas nosas raíces, creamos marmelaldas artesanais que combinan la tradición e a creatividade, elaboradas con frutas propias ou de km0. O noso obradoiro é un pequeno espacio cheo de pasión, onde cada receta é froito da experimentación e o coidado, buscando sempre o sabor da froita na combinación de materias primas. 
 

Silvia
O MEU OBRADOIRO

Nela Gourmet atópanse en San Cristovo de Cea (Ourense), nunha pequena nave situada no Polígono Municipal, onde se desenvolve a elaboración artesanal das súas marmeladas e outros produtos vexetais. Aposta pola transformación de materias primas naturais, empregando principalmente froitas de produción propia e outras procedentes de explotacións de proximidade, favorecendo así o desenvolvemento do territorio e os circuítos curtos de comercialización.

A marca Nela Gourmet saíu ao mercado en xuño de 2019, cunha proposta baseada na calidade, a elaboración artesanal e o respecto pola estacionalidade dos produtos. No seu obradoiro lévanse a cabo os procesos de preparación, cociñado e envasado das marmeladas, seguindo criterios de produción que priorizan os ingredientes naturais e a ausencia de conservantes, colorantes e aromas artificiais.

NELA OBRADOIRO
Os meus produtos

Marmeladas e Untables doces e non tan doces…, para que gocedes dun almorzo san pero delicioso ou dun picoteo diferente, coas nosas especialidades cun alto contido en froita e a metade de azucre habitual. Elaborado co noso toque persoal, sen conservantes nin colorantes. Artesanía Alimentaria

Atópanos

Enderezo

Pol. San Cristovo de Cea, parcela B1
32130 San Cristovo de Cea.
Ourense

Coordenadas
42.4727948, -8.0041761

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp