KALEKÓI

SUSANA e ÁLEX

Somos Susana e Álex, ambos enxeñeiros de profesión que en 2015 decidimos volver ó rural e dar forma o noso soño. Comezamos cun pequeno obradoiro no que elaborábamos iogur artesanal  con leite de vaca con proteina A2 e, desde entón, fomos medrando e ampliando a nosa presenza no mercado.
A nosa aposta baséase na combinación de tradición e innovación,  decidimos poñer en valor o leite das nosas vacas e transformalo en produtos lácteos artesanais recoñecidos co selo de  Artesanía Alimentaria , elaborados con coidado e respecto pola nosa orixe.
 
En Kalekói queremos seguir medrando sen perder a nosa esencia. Cremos no valor do rural, na importancia da produción de proximidade e na capacidade de crear e ofrecer alimentos diferenciados e de alta calidade. Por iso, consideramos que somos unha empresa con experiencia, identidade propia e potencial para afrontar novos proxectos e oportunidades de negocio.

kALEKOI
O NOSO OBRADOIRO

Kalekói conta cun pequeno obradoiro en Lalín, onde se recibe diariamente o leite fresco da súa gandería. Actualmente conta con 100 vacas e con 40Ha dispoñibles para cultivar as súas propias forraxes. Debido á localización da gandería, onde os invernos son moi longos, aprovéitanse as épocas de cultivo para recoller millo e herba para ensilaxe e así poder alimentar a todas as vacas nas tempadas máis frías. Hai máis de 30 anos, cando se renovaron as instalacións dos fundadores, optouse pola estabulación en liberdade do gando con entrada e saída libre, para que desta forma os animais escollan pastar en liberdade ou resgardarse do frío ou calor segundo o seu criterio. Unha das fortalezas de Kalekoi é precisamente ofrecer un produto de ciclo pechado; controlan o proceso desde a orixe da materia prima, o leite das súas vacas, ata a súa saída ao mercado convertido en iogur. Ademáis dende o 2020 a súa gandeiria está formada solo por vacas xeneticamente A2A2, polo tanto a súa gama de iogures está etiqueta e elaborada como produtos elaborados con leite A2. Un leite que é naturalmente máis dixerible e pode reducir as molestias dixestivas derivadas do consumo de leite.

KALEKOI PRADO
OS NOSOS PRODUTOS

Actualmente Kalekoi comercializa iogur  natural, iogur con diferentes froitas, Quefir natural, e leite pasteurizado procedente da gandería familiar de vacas que producen leite con proteina A2. 
En Kalekói non se estandariza o leite, é dicir, non se engade nata ou leite en po, nin tampouco se desnata, é dicir, non hai unha fórmula ríxida. Por isto, é posible que ao longo do ano exista unha pequena variabilidade na materia graxa ou na proteína que altere a cremosidad do resultado final. Isto non é máis que unha evidencia de que os produtos responden a un proceso natural e único, o que lle outorga as características do leite dese mesmo día. 
Ademáis  a gama de iogures está elaborada con leite A2, un leite ausente de proteína A1 que é naturalmente máis dixerible e pode reducir as molestias dixestivas derivadas do consumo de leite.

 

 

Atópanos

Enderezo

Bergazos, 36
36500 Lalín
Pontevedra

Coordenadas
42.67, -8.14

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp