Lácteos Farelo

LUIS COEGO

Dende 1984, elaboramos queixos galegos cun compromiso firme: calidade, tradición e respecto pola nosa terra. Traballamos con leite de vacas de pastoreo, alimentadas con forraxes naturais, o que nos permite ofrecer un produto auténtico, cun sabor único e inconfundible.

Somos primeiros compradores de leite e colaboramos sempre cos mesmos gandeiros de confianza, garantindo así a frescura, a trazabilidade e a máxima uniformidade en cada peza de queixo.

Estamos situados en Agolada, no corazón do norte da provincia, e abastecémonos de leite procedente de pequenas e medianas explotacións locais inscritas nas DOP Arzúa-Ulloa e DOP Tetilla, de concellos como Rodeiro, Antas de Ulla, Lalín e Visantoña. Esta proximidade permítenos coidar cada detalle do proceso e manter un vínculo directo co territorio e coa súa xente.

Cada queixo que elaboramos é o resultado dunha tradición que perdura no tempo, combinada cun firme compromiso coa calidade e co sabor da nosa terra.

Desde a súa fundación, hai máis de catro décadas, acompaña un lema que resume a súa esencia: “non comas con queixo… nin comas sen queixo… Farelo”, expresión popular que conecta tradición, calidade e cultura gastronómica. 

Lácteos Farelo
A MIÑA QUESERÍA

Comezamos a nosa andaina no ano 1983 cunha produción duns 1.500 litros de leite diarios, recollidos porta por porta nas explotacións gandeiras da zona. Hoxe, procesamos arredor de 20.000 litros ao día, que seguimos recollendo directamente nas ganderías da contorna.

A actividade principal da planta consiste na elaboración de queixos, con especial presenza de Arzúa-Ulloa e Tetilla, ambos amparados por denominación de orixe protexida. O proceso industrial de transformación inclúe as fases habituais do sector: recepción da materia prima, coagulación, corte da callada, desorado, moldeado, prensado, salgadura e maduración.

O complexo tamén integra unha liña asociada á valorización de suero, o que supón un aproveitamento máis eficiente dos subprodutos xerados na queixería. 

OS MEUS PRODUTOS

O 80% da nosa produción concéntrase na elaboración de queixos acollidos ás DOP Arzúa-Ulloa e DOP Tetilla, complementándose con outras tipoloxías como queixos de bóla, curados e de barra. A nosa capacidade produtiva abrangue formatos que van desde pezas de menos de 0,5 kg ata unidades de 3 e 9 kg, adaptándonos así ás diferentes demandas do mercado. 

 

O queixo da DOP Tetilla presenta a súa forma cónica característica, codia fina e cor amarelo palla. Queixo de pasta branda de gran cremosidade en boca e un sabor moi natural, lácteo, lixeiramente acído e salgado suave.

 

O queixo con DOP Arzúa-Ulloa ten forma lenticular, cunha codia fina e elástica, de cor amarela media a escura, brillante, limpa e lisa. De pasta branda e aroma lácteo, que recorda a manteiga e iogur .O seu sabor caracterízase pola suavidade, lixeiramente salgado e lixeiramente ácido 

Atópanos

Enderezo

Romariz s/n, 36520 As Trabancas, Pontevedra

Coordenadas
42.764586785758, -8.0001997181344

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp