TERESA e ANDREA

Mamá Teresa é un proxecto familiar que se cociña a lume lento. Teresa e Andrea, nai e filla, estamos implicadas e comprometidas cun xeito diferente de entender a elaboración de doces. Innovación gastronómica e tradición cimentan os valores deste proxecto.
Nacemos en 2014 coa finalidade de homenaxear e poñer en valor todas aquelas ensinanzas adquiridas arredor da cociña.
Traballamos día a día para ofrecer unha alternativa de calidade a todas as persoas que buscan un doce artesanal, único e distinguido. Exclusividade, proximidade e principios vencellados ao rural son fundamento para deixar pegada nos padais de quen se anime a degustar os nosos produtos.

Mamá Teresa
OS NOSOS PRODUTOS

Facemos unha variedade de deliciosos produtos:

Pastas de améndoa: pastas feitas a base de améndoa con receta tradicional.
Pastas de millo e laranxa: pastas elaboradas con fariña de millo e laranxa confeitada.
Rochas de chocolate: rochas elaboradas con améndoa torrada e laminada e con chocolate de gran calidade.
Salchichón de chocolate: doce feito a base de galleta, chocolate, nata e améndoa ao que se lle dá forma de
salchichón.
Tarta de Arzúa con queixo: tarta de 100% améndoa á que se lle incorpora unha crema de queixo que lle
outorga unha textura única.
Turrrón de chocolate e améndoa: elaborado con chocolate e crema de cacao e améndoa.
Turrón crocante: elaborados con flocos inflados, crema de cacao e chocolate.
Turrón rústico: turrón de chocolate ao que se lle incorpora praliné de améndoa.

O NOSO OBRADOR

Os nosos doces cocíñanse nun pequeno obradoiro ubicado nunha aldea de Arzúa. Trátase dunha casiña de
madeira onde cada día lle damos forma ao noso proxecto.

Atópanos

Enderezo

Lugar de Ribadiso s/n
15810 Santa María. Arzúa
A Coruña

Coordenadas
42.939808711006, -8.1561401422773

Queres estar á última das experiencias calidade?