Mamá Teresa é un proxecto familiar que se cociña a lume lento.
Traballamos día a día para ofrecer unha alternativa de calidade a todas as persoas que buscan un doce artesanal, único e distinguido. Exclusividade, proximidade e principios vencellados ao rural son fundamento para deixar pegada nos padais de quen se anime a degustar os nosos produtos.