VICKY MAREQUE

Son Vicky Mareque, segunda xeración de Pazo de Señorans. Nos comezamos sendo viticultores no ano 1979 e convertímonos en adegueiros en 1989. Pertencemos a D.O. Rías Baixas e polo tanto a caste principal que elaboramos é o albariño, temos cinco monovarietais e dous destilados.

Dependendo do momento da recolección e do tipo de solo, elaboramos viños xovenes, de crianza en botella, con crianza sobre lías en depósito, de madeira e cando o tempo nolo permite facemos vendima tardía.

Os augardentes destilámolos de xeito tradicional en alambique de cobre separando as cabezas das colas tratando sempre de sacar a máxima expresión e carácter desta variedade.

Pazo de Señorans
A MIÑA ADEGA

Pazo Señorans, hoxe reconvertido en adega, é un magnífico representante das casas solariegas do século XVI, edificadas no campo con todo o encanto e o señorío de épocas pasadas. O Pazo e a adega, propiedade do matrimonio formado por Marisol Bo e Javier Mareque, hoxe xa en mans dos seus fillos, comeza a súa andaina vinícola no ano 1989, aínda que o cultivo do viñedo iníciase anteriormente.

O nome de Pazo Señorans é de orixe descoñecida, non se sabe se o lugar dá nome ao Pazo ou é o Pazo o que dá nome ao lugar. Traballamos para que os nosos viños sexan un fiel reflexo da terra que os ve nacer.

Cremos profundamente en todo o seu potencial, desde os viños novos ata a capacidade de crecemento que ten a variedade co paso do tempo. Desde hai anos, desenvolvemos proxectos de I+D+i con diversas entidades e empresas, sobre todo, aqueles centrados no estudo das variedades autóctonas e no coidado do viñedo e a súa afectación ao medio ambiente.

Baixo a filosofía de respecto á variedade Albariño, Pazo Señorans elabora os seus viños con un marcado carácter varietal que mostra a identidade e o potencial desta nobre uva.

Pazo de Señorans
OS MEUS PRODUTOS

PAZO SEÑORANS
Branco xoven, 100% albariño, condución en parra, crianza sobre lías mínimo 5 meses e 4 meses en botella. Amarelo pallizo brillante con reflexos verdosos. De intensidade alta e marcado carácter varietal. Paso de boca amable, sen arestas, cun volume ben definido ata a retronasal.

PAZO SEÑORANS COLECCIÓN
Branco, 100% albariño, condución en parra, maceración peculiar en prensa, crianza sobre lías de 5 meses, 30 meses aproximadamente en botella. Amarelo pálido. Cor atractiva. Cun perfil delicado, sutil e matices moi varietales. Estrutura en boca moi equilibrada con paso firme e sen arestas. Retronasal elegante.

PAZO SEÑORANS SELECCIÓN DE AÑADA
100% albariño, crianza sobre lías máis de 30 meses, viñedos en bancales de máis de 45 anos con condución tradicional en parra, amarelo pallizo, vivo, brillante. Intensidade alta, moi significativa. Gran profusión de aromas terciarios de crianza e recordos minerais. De gran volume e corpo. Ampuloso. Deixa unha longa pegada de principio a fin.

TRAS LOS MUROS
100% albariño de crianza en barrica de carballo de 6 meses e 15 meses en botella, de viñedos en parra.

NOVEMBRO

100% albariño, vendima tardía do viñedo Parra A Tomada, fermentación en aceiro inox, maceración en prensa.

AUGARDENTE DE BAGAZO
100% albariño, destilación en alambique de forma tradicional a lume lento, dobre destilación. Aspecto cristalino, brillante cun índice glicérico grande. Aroma de gran intensidade. Moi limpo, franco, notas varietais de albariño. Ataque sedoso e tacto de gran volume.

AUGARDENTE DE HERBAS
100% albariño, destilación en alambique de forma tradicional a lume lento, dobre destilación, maceración tipo infusión con herbas e sementes secas. Cor ambarino, brillante e atractivo. Boa intensidade de manzanilla doce e amarga con matices de anís acompañados de sementes de coandro que o fai máis fresco e xovial. Entrada suave cun leve ton doce e fondo amargo.
 

Atópanos

Enderezo

Vilanoviña, s/n · 36616
Meis · Pontevedra

Coordenadas
42.547372, -8.708811

Queres estar á última das experiencias calidade?