IVAN GOMEZ

No alto das empinadas ladeiras do val del Río Sil atópase Regina Viarum, unha adega situada no corazón de Galicia, dentro da subzona de Amandi. Con 14 hectáreas de viñedo plantadas en espectaculares bancales que desafían a gravidade, é un exemplo vivo da coñecida "Viticultura Heroica".
A uva mencía é a protagonista da adega, acompañada de godello e a menos común tempranillo. Estas uvas permiten crear viños con intensos aromas froiteiros e unha frescura elegante, que reflicten o carácter do terroir da
Ribeira Sacra.
Regina Viarum é unha visita obrigada para quen desexa descubrir a historia e a paisaxe da Ribeira Sacra. Ofrece visitas guiadas e degustacións no seu espectacular miradoiro sobre os canóns do Sil, brindando experiencias enogastronómicas personalizadas ao longo de todo o ano.

Regina Viarum
Os nosos PRODUTOS

O noso viño nace nun lugar único no mundo. Cada ano, as súas vertixinosas pendentes poñen a proba aos que con mimo coidan das mellores variedades da zona, os verdadeiros protagonistas da Viticultura Heroica e onde a súa paixón trasládase aos nosos produtos.

Regina Viarum mencía

Regina Viarum godello

Regina Viarum expresión

Regina Viarum ecolóxico

A nosa ADEGA

Adegas Regina Viarum posúe viñedos propios dispostos en bancales na ladeira de río Sil. Leiras ¨La Capitana¨, ¨Porta de Doade¨, ¨Montefurado¨ e ¨Seoane¨, en pleno corazón da Ribeira Sacra. Sober. Lugo.

Desde o S. II A.C. auténticos heroes das ladeiras do Sil cultivan cepas en condicións de terreo extremas (60º de inclinación do viñedo). Estas técnicas centenarias unidas á última tecnoloxía na elaboración do viño dan como resultado un viño único. O sacrificio ten outro sabor. 

A 42º de latitude norte e a 7º 28´ de lonxitude Oeste. O cultivo nos bancales realízase dunha maneira artesanal con inclinacións de terreo próximas a 60º.

Transición do clima atlántico ao mediterráneo, o que permite unha óptima maduración mantendo equilibrio e frescura.

Lousa, chan cálido que axuda á maduración e achega personalidade ao viño.

Atópanos

Enderezo

Doade S/n
27424 Sober
Lugo

Coordenadas
42.4084864, -7.4791796

Queres estar á última das experiencias calidade?