PEMENTO DE HERBÓN 400G
SAT A PEMENTEIRA
DOP Pemento de Herbón
Polígono Industrial Picusa, Vial F, Nave 2 A
15915 - Padrón
A Coruña
981 81 13 18
info [at] apementeira.com (info[at]apementeira[dot]com)
A Pementeira é unha Sociedade Agrícola de Transformación, creada en 2006 por 23 agricultoras que nos dedicamos á produción, envasado e comercialización do Pemento de Herbón.
Esta sociedade é herdeira dunha sabedoría e tradición que queremos preservar.
Os pementos chegaron a estas terras procedentes de América do sur a finais do século XVI da man de misioneiros franciscanos que se instalaron no Convento de Herbón.
Falar dos Pementos de Herbón é falar das xentes que os cultivan, ofrecendo unha garantía de tradición e cultura da horta galega.
Cos anos e coidados, esta especie foise adaptando á climatoloxía e ao chan dos vales dos ríos Ulla e Sar, cunha transformación que deu lugar ao que hoxe coñecemos como Pementos de Herbón.
Os pementos amparados pola denominación de orixe protexida Pemento de Herbón son os froitos da especie Capsicum annum L, dos ecotipos locais da variedade Padrón, procedentes de parcelas inscritas no correspondente rexistro da DOP.
Unha das características máis destacadas do Pemento de Herbón refírese a que non todos os froitos presentan sabor picante, senón que este aparece ocasionalmente, e que é un picor lixeiro, xa que os produtores se esmeran en seleccionar o produto eliminando aquelas plantas e froitos con sabor picante máis intenso. A forma na que se chegou a conseguir isto, partindo dunha variedade orixinalmente picante, é quizais o elemento de proba máis importante do “bo facer” dos produtores da zona.
Aínda que a época na que podemos atopar no mercado os auténticos pementos de Herbón vai normalmente de maio a outubro (reducíndose de xuño a outubro se o cultivo é ao aire libre), o traballo dos socios e socias de a S.A.T. A Pementeira esténdese ao longo de todo o ano: iníciase coa selección da nova semente, continúa co cultivo dos sementeiros e finaliza coa recollida. Así, aínda non terminada unha tempada de colleita, comezan xa os traballos necesarios para obter bos resultados na seguinte. A grandes liñas, o ciclo do pemento sería o seguinte: obtención da semente, secado, realización dos sementeiros e transplante das plantas.
No noso obrador realizamos a recepción, selección e envasado do produto que se recolle todos os días durante a campaña.
Polígono Industrial Picusa, Vial F, Nave 2 A
15915 - Padrón
A Coruña