VIÑA VELLA 2023
S.A.T. Virxen dos Remedios
DO Ribeira Sacra
Outeiro, s/n · Diomondi
27548 · O Saviñao
Lugo
617 390 467
info [at] virxendosremedios.es (info[at]virxendosremedios[dot]es)
Son Juan Carlos Varela presidente da SAT Virxen dous Remedios na D.O. Ribeira Sacra, subzona Ribeiras do Miño. Somos unha sociedade agraria de tansformación formada por nove socios da mesma familia no ano 1992 e o obxetivo foi a recuperación das viñas que se estaban abandonando nesta zona.
Elaboramos un viño tinto monovarietal de mencía Viña Vella e tamén un monovarietal branco de godello coa mesma marca. Para nós en moi importante coidar a calidade da uva na viña antes de chegar á adega onde tamén se elabora con todos os coidados como se facía antigamente.
É importante que a xente saiba que cando saborea un viño Ribeira Sacra, é moito máis que viño, aí dentro desa botella hai moito esforzo, hai patrimonio, tradición e natureza.
VIÑA VELLA
Viño elaborado coa variedade 100% mencía.
Fase visual: Vermello granate con tons violáceos e brillante.
Fase olfactiva: Moi varietal, froiteiro e limpo. Con aromas de froita madura, predominando os froitos vermellos.
Fase gustativa: Ten boa estrutura, equilibrado, carnoso, con taninos ben redondeados.
Harmonía: Carnes, embutidos, queixos curados e polbo
Outeiro, s/n · Diomondi
27548 · O Saviñao
Lugo