SILVANS S.C.

AS XIANAS de Neli e Ana

Somos Ana e Neli, dúas mulleres que no ano 2015 comezamos a nosa aventura coas Galletas Xianas. Impulsadas por motiviacións diferentes, quixemos poñer en valor un produto tradicional como son as coñecidas  “Galletas de Xian”. Tentamos que a receita das nosas galletas fose o mais semellante á da xente que elaboraba en familia nas súas casas hai mais de 100 anos. Tras moitas probas, elaboramos as nosas Xianas Orixinais, Xianas de Améndoa e Xianas de Coco. Pero desexabamos algo mais, que a xente as identificase con Galiza nada mais velas. Por este motivo levan grabadas por unha cara o mapa de Galiza e pola outra debuxos relativos á nosa cultura, patrimonio e natureza como a muralla de Lugo, a Torre de Hércules, unha folla de vide, un carballo milenario de Taboada, etc…

Cremos que o noso lema “GALIZA NUNHA GALLETA” resume perfectamente o noso proxecto.

Co paso dos anos e ante a necesidade de adaptarse ao mercado, engadimos un novo sabor: “Xianas de Café” (que cada día gaña mais adeptos) e desapareceron as de Coco.  Tamén  incorporamos novos produtos como os Aloumiños (petiscos de Noz e Arándanos) e os “Tomesiños” (polvorons de améndoa elaborados con manteiga de Porco Celta).
Agardamos seguir engadindo novos produtos, sempre mantendo un proceso artesanal como garante o selo de Artesanía Alimentaria da Xunta de Galicia.

OS NOSOS PRODUTOS
  • Xianas Orixinais:  Elaboradas con Manteiga Clarificada de vaca, lembran ó sabor intenso a manteiga das galletas que as nosas avoas elaboraban cando eramos pequenos
  • Xianas Amendoa:  O sabor tostado da amendoa é capaz de derreter o paladares mais nostalxicos e asu textura crocante é adictiva
  • Xianas Café:  O seu aroma e o seu intenso sabor a café fainas irresistibles para os que senten devoción por un bó café
  • Aloumiños:  Petiscos que combinan Noz  e arandos conseguindo unha combinación de sabores sorprendente e moi fresca.
  • Tomesiños: polvoróns de améndoa elaborados con manteiga de Porco Celta. Dispoñibles só na tempada de Nadal
Xianas
O NOSO OBRADOIRO

Situado a 10 minutos de Chantada ; A 20 minutos del Embalse de Belesar ; a 3 min. Del Pazo de San Pedro de Bembibre ; a unos 25 minutos de la Ruta Vía Romana de Adegas e Viñedos; A 40 minutos de Lugo

Atópanos

Enderezo

Rúa da Silva, 8
27550 Taboada
Lugo


Queres estar á última das experiencias calidade?